DEFINICIÓN
A escalada segundo a Federación Española de Montañismo e Escalada é unha práctica deportiva que, na súa modalidade clásica,
consiste en subir ou percorrer paredes de roca, ladeiras escarpadas ou
outros relevos naturais caracterizados pola súa verticalidade, empregando
medios de aseguramiento recuperables en case a súa totalidade e a
posibilidade na súa progresión de utilizar medios artificiais.
Consta tamén dunha modalidade deportiva que consiste en subir ou percorrer paredes provistas de vías equipadas con seguros colocados fixos na parede para garantir a seguridade do escalador. A súa principal particularidade é que a escalada realízase unicamente utilizando o relevo natural da roca para progresar (rot ponkt), sen que o deportista se deteña ou caia, en termos de escalada ao Rot Punkt.
A escalada deportiva busca a máxima dificultade de movementos polo que require, por parte do escalador, unha intensa preparación previa. Sobre o terreo natural ábrense unhas vías que marcan o camiño da ascensión. Para abrir unha vía o aperturista percorre o camiño por primeira vez, preparándoo con produtos especiais e asegurándoo. Unha vez finalizado este traballo o escalador ten que superala en Rot Punkt, entón a vía queda encadeada e o deportista asígnalle un nivel de dificultade.
Na escalada, a dificultade dunha vía márcase pola combinación de varios factores: a inclinación da parede, o tamaño e forma dos agarres, a distancia entre eles, os puntos de repouso e o número total de movementos.
NIVEIS DE DIFICULTADE
I II III IV V V+ 6a 6b 6b+ 6c 6c+ 7a 7b 7b+ 7c 7c+ 8a 8a+ 8b 8b+ 8c 8c+ 9a 9a+.
Ademais dos graos de dificultade, pódense establecer diferentes modalidades de escalada:
- Escalada a vista. A ascensión realízase sen que o escalador teña ningún tipo de información previa sobre a vía, xa que logo, realízase sen unha preparación concreta.
- A flash. O escalador obtivo información previa, ata pode ser informado mentres realiza a ascensión: onde está, os pasos crave, agarres, etc. Pero ha de superala no primeiro intento.
- Escalada traballada. É a modalidade máis habitual, o escalador practica e proba unha vía ata que consegue encadeala ao Rot Puntk. É a modalidade na que se obtivo un maior grao de dificultade.
- Bloque. Escalada deportiva que se realiza en bloques de pedra (ou rocódromos) de pouca altura, de maneira que unha caída non representa perigo para o escalador. A diferenza cos outros tipos de escalada é que nesta modalidade non se empregan cordas e a importancia recae en realizar correctamente os movementos que esixe a escalada.
- Deportiva. Realízase nun circuíto de competicións, normalmente elaborados de resina artificial, con agarres tamén artificiais. O obxectivo é subir o máis alto posible nun tempo límite. O estilo de escalada, é totalmente diferente á escalada natural, aínda que o esforzo físico é o mesmo.
HISTORIA
![]() | |
| Michel Gabriel Paccacd |
O
alpinismo ten o seu orixe cando
Michel Gabriel Paccard e Jacques Balmat ascenderon o Mont Blanc no ono 1786. A
súa culminación tivo lugar cento cincuenta anos despois, coa exploración do
Himalaya en forma de grandes expedicións que, recorrendo as técnicas de asedio,
permitiron coroar os picos máis elevados do mundo entre os anos 1950 e 1964.
A escalada alpina experimentou un lendo
desenvolvemento ata que a mellora do material trouxo consigo técnicas
innovadoras. As ascensións máis importantes dos Alpes efectuáronse durante a
primeira metade do século XX, cando escaladores como Emilio Comici, Ricardo
Cassin e Walter Bonatti ascenderon a cara norte da Cima Grande, o Walker Spur
ou o pilar sudoeste do Petit Dru. Naquela época, estas vías eran consideradas
as máis perigosas do montañismo mundial, e na actualidade seguen ofrecendo
grandes retos aos escaladores máis experimentados.
![]() |
| Jacques Balmat |
A escalada en roca na súa forma máis pura
ten unha historia moito máis breve. Algúns din que se orixinou cando os
botánicos W. Bingley e P. Williams ascenderon a cara oriental do Clogwyn D´ur
Arddu, en Snowdon, Gales; outros aseguran que o inicio tubo lugar durante a
ascensión dun pico de Lakeland chamado Pillar, no ano 1826, e un terceiro grupo
afirma que surxiu no 1889 coa coroación doutro cumio de Lakeland chamada Napes
Leedle. Esta última teoría ten poucos defensores, pois Gustav Nefdt escalou a
formidable torre occidental de Towerkop, que se alza sobre a cidade sudafricana
de Ladismith, no ano 1885. Esta extraordinaria fazaña quedou rexistrada como a
máis dura da época, e tiveron que transcorrer sesenta e catro anos antes de que
Alguén se atrevese a repetila. A escalada
en rocha evolucionou con rapidez durante o século XX, e o val Yosemite de
California convertiuse no fogar de moitos escaladores que, tras repetidos
intentos, conseguiron progresar polos seus grandes e impenetrables paredes.
John Salathé, Warren Harding, Royal Robbins, Ton Frost e máis tarde Jim
Bridwell practicaron algunhas das ascensións en rocha máis importantes e
innovadoras da época, e incluso idearon mecanismos rudimentarios que lles
permitiron superar os peculiares sistemas de gretas de Yosemite. Entre os anos
sesenta e setenta, o val gozou de gran popularidade, pero aínda hoxe, moitos
ségueno considerando a meca da escalada clásica debido a súas diversas vías de
gran parede e a espectacularidade do seu entorno.
PRÁCTICA MODERNA
A escalada recorreu un largo camiño dende
os días non que a máxima era “o primeiro nunca cae”, pois as cordas e o
material moderno permitiron forzar os límites ata máis aló do que se cría
posible fai trinta ou corenta anos.
A verdadeira revolución non chegou cos
arneses corporais nin cos pes de gato, si non cos dispositivos de levas con
muelles, inventados por Ray Jardine no ano 1978, permitiron que a graduación
das pendentes remontara e que diversas liñas de gretas que sempre se
consideraran “impracticables” puideran escalarse con relativa seguridade.
Hai escaladores aos que non lles
satisfacen as vías existentes e síntense empulsados a abrir novas vías.
| Buril |
A chegada do buril significou un paso máis
na escalada. Este elemento, creado para protexer seccións separadas por
sistemas de gretas, pronto comezou a ser utilizado para ascender por vías
expostas. Esta práctica evolucionou con rapidez, ata convertirse no que hoxe en
día se coñece como escalada deportiva. Os franceses, os verdadeiros precursores
desta modalidade, crearon miles de vías con técnicas que ata entonces non se
aceptaran, como o recoñecemento previo da vía e o seu equipamento mediante o
descenso en rápel. Aínda que os puristas consideraban que era unha práctica
pouco ética, a súa popularidade foi en aumento e, hoxe en día, todos os
escaladores do mundo chaparon algunha ver un buril.
Na actualidade, a escalada deportiva é a
modalidade que conta con máis adeptos, pois é máis segura que outras formas de
escalda, require menos tempo e é moi entretida. Ademais, permite ascender
pendentes de maior graduación, pois as vías xa están equipadas.
BIBLIOGRAFÍA
- Lourens Tony, Manual completo de escalada, de Vecchi, 2005
- Federación Española de Montañismo e escalada



No hay comentarios:
Publicar un comentario