Os pes de gato son o calzado que se usa para
escalar, sen eles os escaladores non lograrían suxeitarse nos pequenos apoios
da rocha. Hai moitos tipos de marcas e estilos diferentes.
Para comezar a escalar hai que ter en conta que
sexan cómodos e que queden ben axustados, pero non tanto como para que causen
dor. Os primeiros pes de gato non deben ser os modelos caros de aspecto
deportivo, xa que estes pes están deseñados para escaladores experimentados, e
un principiante destrozaríaos en pouco tempo. Para aprender a escalar o mellor
é comprar uns pes de gato baratos e con unha suela ríxida e grosa. Logo si o escalador desexa
seguir progresando no deporte necesitará uns pes de gato máis técnicos.
É unha bolsiña onde se introducirá o magnesio que
será usado para secar a suor das mans do escalador. Hai que ter en conta a hora
de mercala que o modelo permita introducir a man comodamente.
Arnés
O arnés está formado por unha cinta que rodea a
cintura, unida a outras dúas que pasan polas pernas. Este dispositivo de
seguridade sirve para atar a el a corda mediante un no específico e suxeitarse
en caso de caída. A hora de comprar un arnés hai que ter en conta que sexa
acolchado na cintura, que as perneiras sexan regulables, e que teñan
portamaterial, que consiste nuns pequenos tubos de plástico cosidos a cintura
por ambos extremos, dos que se colgarán as cintas express, os mosquetóns e o
resto de material.
En escalada clásica úsanse tamén arneses de peito
que non se soen usar na escalada deportiva.
Dispositivo de aseguramento
Estes dispositivos son os que nos permiten
asegurar ao escalador. Hainos de diferentes tipos pero todos teñen a función de
bloquear a corda en caso de caída. Tamén poden usarse como descensores. Estes
dispositivos utilízanse en compañía dun mosquetón.
En escalada deportiva é frecuente o uso do Grigri,
que é un dispositivo autobloqueante no caso dunha caída. No caso da escalada
clásica uns dos dispositivos máis usados é o reverso.
Aquí vos deixo dous vídeos da marca petzl, que
explican a perfección o uso destes dous dispositivos:
Como usar o grigri 2
Como usar o reverso
Corda
A corda é o elemento fundamental, sen ela todo o
resto do equipo non tería sentido. Este é o elemento que une aos escaladores co
equipo de protección dispostos na rocha.
As cordas que se usan para a escalada son as “cordas
dinámica”, que teñen a capacidade de reducir o impacto, xa que se estiran pola
forza dunha caída. Tamén disminúe a carga de choque dunha caída, de modo que o
escalador e o sistema de anclaxe reciben un impacto menor.
O outro tipo de cordas é o chamado “cordas
estáticas”, que teñen un aspecto parecido as dinámicas pero que non son
elásticas. Estas úsanse para izar o equipo, rapelar, e practicar espeleoloxía.
É moi perigoso escalar cunha corda estática xa que non absorbe o impacto.
As mediadas
estardar das cordas son de 50 e 70
m. e divídense en tres categorías: Cordas simples, cordas dobres e cordas
xemelgas.
-Cordas
simples. Miden entre 9,1 e 11 mm de diámetro, e poden utilizarse por si
solas, pois son o bastante resistentes para deter unha caída.
-Cordas dobres. Teñen
un diámetro de entre 8,5 e 9 mm, e débense empregar sempre en parellas, aínda
que poden encordarse en seguros alternos de forma que, en caso de caída, so
unha delas soporte o impacto.
-Cordas xemelgas. Teñen
un diámetro de entre 7,5 e 8,2 mm, e están deseñadas para a escalada en xeo.
Deben utilizarse en parella, non deben separarse xamais e sempre teñen que
asegurarse xuntas. A súa principal vantaxe é que permiten facer rápeles máis
longos.
Casco
O casco protexe a cabeza do escalador no caso
dunha caída , pero a súa principal función é protexer ao escalador e ao
asegurador da posible caída de pedras.
Na escalada deportiva non soen caer pedras xa que
os escaladores non coroan a cima e non camiñan sobre ela, pero na escalada
clásica o uso do casco e imprescindíble.
No caso dun forte impacto sobre o casco, este debe
ser reemplazado.
Empotradores
Un empotrador ou fisureiro é unha peza de metal
usada para escalar por fisuras, furados ou zanxas da rocha a modo de anclaxe, o
que permite establecer un punto de aseguramento. A característica principal dos
fisureiros é que se encaixan na rocha sen necesidade de ser martelados debido
aos seus distintos mecanismos dependendo do tipo. Estes divídense en 2 grupos
principalmente: os “mecánicos” e “pasivos”.
Tipos de empotradores:
-Friends. Hoxe en día
este tipo de empotrador é fundamental na escalada. Tratase dun sistema de
expansión por levas, usados xeralmente en gretas de distintos tamaños. Hainos
de dous tipos: friends ríxidos e friends flexibles.
-Fisureiros
mecánicos sen levas. Existen moitos tipos destes empotradores, os máis
comúns son: os derivados dos Stoppers, Os perrins e os tubos expandibles.
-Fisureros pasivos.
Este tipo se caracteriza especialmente por non ten ningún mecanismo, dado que
son pezas de metal con formas capaces de ser empotradas en fisuras ou furados,
os cales están unidas a un cordín onde é posible colocar un mosquetón para
afirmar la cuerda.
-Desempotradores. Son
ferramentas usadas para extraer os fisureiros con maior facilidade cando están
moi encaixados. Existen de varios tipos, pero xeralmente son largos e teñen un
pequeno gancho para tirar, empurrar ou mover as pezas.
Mosquetóns
Os mosquetóns son unhas pezas de metal con unha
parte móbil pola que pasa a corda e poden ter diferentes formas:
- Forma
asimétrica: Para un mellor agarre do
mosquetón e conectar sistemas de aseguramento e de rápel.
- Forma de pera: Para
facilitar o anclaxe de varias cordas, cintas ou outros aparatos e o
aseguramento con nudo dinámico.
- Forma simétrica: Para
conectar sistemas de aseguramento, unha polea ou material. Evita cargala
bruscamente.
O sistema de bloqueo dos
mosquetóns pode ser manual ou automático. Cos sistemas manuais o casquillo debe
roscarse no gatillo para bloquealo e cos sistemas de bloqueo automáticos o
gatillo bloquease automáticamente.
![]() |
| Automático |
![]() | |
| Manual |
![]() | |
| Automático |
Cintas express
Son anillos moi cortos que integran un mosquetón
de cerre en cada un dos extremos. Utilízanse con frecuencia na escalada
deportiva para chapar buriles (conectase un dos mosquetóns ao buril e pasase a
corda polo outro ). Tamén se emprega en escalada clásica co mesmo propósito.
Un dos mosquetóns soe ter un cerre curvo para
facilitar a inserción da corda.
Unha variedade interesante son os mosquetóns con cerre
de arámio que teñen unha maior resistencia transversal que moitos cerres
clásicos.
Son cordas de diferente lonxitude e de entre 7 e 9 mm
de diámetro que se anudan para crear un anillo largo. Este anillo soese
utilizar nos anclaxes de reunión ou de top rope para igualar cargas. Os
cordinos poden substituírse por anillos sosidos largos.
Cintas planas
A maioría dos anillos que se utilizan na actualidade
fabrícanse con cinta plana de diferentes tamaños. Polo xeral, midn entre 10 e
25 mm de grosor, e teñen unha lonxitude de entre 60 e 120 cm. Os cosidos son
máis resistentes e a sús tensión de rotura supera as 2 toneladas. Tamén poden
comprarse bobinas de cinta para crear anillos de diferentes tamaños. As cintas
planas e o cordino fabrícanse con texidos de alta tecnoloxía, como spectra ou
dynema.









No hay comentarios:
Publicar un comentario